As rozas do rural caldelán chegan a Vilarchán e A Reigosa
Por Redacción
A brigada de rozas que o Concello de Ponte Caldelas activou para acondicionar os camiños rurais do municipio seguen a avanzar no seu traballo e, durante estes días, estarán en Vilarchán e A Reigosa, segundo avanza o goberno municipal.
Co apoio de dous tractores municipais, os operarios están a realizar as labores de limpeza de camiños e espazos públicos de ambos lugares.
Os traballos consisten no rozado de herba, silvas e demais malezas que se acumulan nos laterais dos camiños ou nos espazos públicos para que veciños e vehículos poidan transitar con total normalidade; o soplado para deixar as zonas rozadas completamente limpas e finalmente, a recollida e retirada da maleza.
Cos tractores operan dous operarios municipais e nas brigada de rozas traballan os operarios contratados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas reformará a estrada interior de Vilarchán
Por Redacción |
-
O pleno de Ponte Caldelas aproba a subida salarial dos traballadores municipais
Por Redacción |
-
O zafarrancho de limpeza e roza do rural atendeu a case a metade da poboación das parroquias
Por Redacción |
-
Comezan os desbroces manuais dos camiños dos 33 lugares de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
13 operarios incorpóranse en Ponte Caldelas para realizar melloras en espazos públicos
Por Redacción |