Homenaxe en Cuntis a Maximiliano Domínguez, o segundo home de maior idade do municipio con 106 anos
Por Redacción
O é segundo veciño de Cuntis de maior idade, pero mantense cunha saúde envexable.
Maximiliano Domínguez recibiu este martes a visita do alcalde, Manuel Campos, e as concelleiras Ana Loureiro e Conchi Campos, que quixeron felicitarlle en nome de todos os seus veciños polo seu 106 aniversario.
Este veciño de Troáns, en concreto de lugar de Sequelo, segue gozando de boa saúde e, segundo o Concello, afai saír a pasear e mesmo a ir xogar a partida.
Na súa visita o rexedor e as edís entregáronlle a Maximiliano un agasallo institucional.
Manuel Campos pola súa banda sinalou o "orgullo que para Cuntis significa contar cun veciño de tanta idade, con tanta experiencia na vida e cunha enteireza, forza e ilusión envexables nunha persoa que leva vivido tantos momentos significativos da historia".