O Grove ameaza con multas polo aumento da circulación nas rúas peonís
Por Redacción
Acabou a permisividade nas zonas peonís do Grove. Ante os reiterados incumprimentos detectados nos últimas días, o Concello advertiu que a partir de este mércores comezará a sancionar os condutores que accedan sen permiso a estas rúas.
Os veciños xa manifestaran a súa preocupación ante o incremento dos condutores que circulan por rúas nas que se atopa prohibido expresamente.
Esta medida irá acompañada de colocación de sinais de maior tamaño para evitar confusións se ben, os datos iniciais indican que os incumprimentos son realizados maioritariamente por persoas da localidade.
Dende o Concello do Grove inciden na gravidade de circular por rúas ás que só poden acceder residentes e a velocidade moi reducida, xa que a finalidade das mesmas é darlle prioridade ós peóns, contando con espazos cómodos para o tránsito das persoas e de acceso aos comercios e locais.
As rúas nas que se centrarán os esforzos son Luis Seoane e Jaime Solá.