Nova etapa na Casa Museo de Colón: horario de verán e visitas guiadas
Por Redacción
A Casa Museo de Colón de Poio encara esta semana unha nova etapa. A partir do mércores pasará a abrir máis horas e ofrece a posibilidade de facer visitas guiadas.
En relación co horario, segundo informou o Concello, a partir deste mércores 15 de xullo o novo horario será de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas de martes a sábado. Luns, domingos e festivos permanecerá pechada.
As visitas guiadas organizadas pola Concellaría de Turismo de Poio realizaranse ao longo dos meses de verán, entre este 15 de xullo e o 15 de setembro.
Os visitantes que o desexen poderán coñecer polo miúdo a Casa-Museo Colón e as teorías sobre a orixe galega do descubridor do novo mundo.
O aforo destas visitas guiadas, que se farán sempre en horario de tarde, será dun máximo de 15 persoas para o que será necesario a reserva previa, a través do correo electrónico museocolon@concellopoio.gal ou chamando ó 986 833 204.