O pintado da zona de preferencia peonil en Sanxenxo estará terminado "a última hora do mércores"
Por Redacción
Veciños e visitantes de Sanxenxo xa poden visualizar como vai ser a zona de preferencia peonil que se habilitará en varias rúas do centro do centro urbano, concretamente na contorna do Paseo de Silgar.
Trátase dun plan que busca xerar un espazo de confluencia segura entre coches e peóns, e cuxa acción máis visible é o pintado das zonas nas que os peóns pasarán a ser preferentes.
Tras a primeira capa de pintura vermella, os operarios comezaron xa a pintar tamén os círculos brancos que pretenden reforzar o significado da preferencia peonil, nuns traballos que "está previsto que conclúan a última hora do mércores", segundo confirmou o propio Concello de Sanxenxo.
En toda esta zona o paso de vehículos quedará limitado a 20 quilómetros hora de velocidade máxima.
Ademais, para tratar de reducir o paso de turismos, nos accesos do municipio colocaranse carteis luminosos onde se indicará o estado de ocupación do aparcadoiro do porto, para así evitar que cando estea completo os coches sigan dirixíndose cara alí e poidan acudir a estacionamento disuasorios.
O pintado do Paseo de Silgar atópase xa na súa fase final coa actuación en Luís Vidal Rocha e o tramo esquerdo da Praza de Portugal, no acceso ao porto.
Relacionadas:
-
Cambios no pavimento e sinalización para garantir a distancia social no paseo de Silgar
Por Redacción |
-
Catro novas bolsas de aparcamento elevan a 1.100 as prazas de balde en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Silgar xa ten prioridade peonil
Por Redacción |
-
O Paseo de Silgar, preparado para estrear a preferencia peonil
Por Redacción |
-
O paseo de Silgar fai oco para máis peóns
Por Redacción |
-
Establecen zonas de preferencia peonil no paseo de Silgar e Rafael Picó
Por Redacción |