Montalvo, libre de vertedura, volve lucir bandeira azul
Por Redacción
A bandeira azul volve ondear na praia de Montalvo, en Sanxenxo, que durante a fin de semana tivo que pecharse parcialmente ao baño por unha vertedura.
O Concello de Sanxenxo confirmou este luns que xa non está coutada ao baño ningunha zona do areal, tras confirmarse que non hai restos da vertedura, un 'sentinazo' realizado por un barco.
As autoridades procederon a pechar parcialmente ao baño a praia tras detectar este episodio de contaminación, provocado pola vertedura ao mar das augas sucias do buque.
Os socorristas e informadores que estaban na praia localizárono na esquina da praia máis próxima a Paxariñas, pecharon a zona e contactaron coa Adeac, que decidiu baixar a bandeira azul da praia ata que se restablecese a normalidade. Este luns constatouse que se cumpren os parámetros normais da auga e recuperouse o distintivo.