Os bañistas de Silgar 'escapan' das áreas parceladas
Por Redacción & Cristina Saiz
Os 35 graos que se rexistran nas Rías Baixas fixo que as praias se enchan esta fin de semana de bañistas en busca de refrescarse da calor e desconectar dos quefaceres diarios. Un dos principais destinos foi, como é habitual, os areais de Sanxenxo.
O máis rechamante foi que, do mesmo xeito que a fin de semana anterior, os bañistas continúan escapando das parcelas nas que, por motivos de seguridade, dividiuse gran parte da praia urbana de Silgar, unha das máis populares do municipio.
Así o testemuñan as imaxes que acompañan a esta información, tomadas na tarde deste sábado, nas que se pode apreciar como un número moi reducido de bañistas respectaron as zonas acoutadas, pero a maior parte optaron por esquivalas.
Socorristas consultados por PontevedraViva sinalaron que gran parte da súa xornada está centrada en tratar de disuadir aos bañistas para que fagan uso das parcelas, "pero ao final acabas discutindo porque a xente non se quere mover".
Desde o goberno municipal explican que, en todo caso, isto non significa que se utilice mal o espazo na praia de Silgar, xa que ao non haber unha afluencia masiva hai espazo suficiente para que os bañistas que están na area respecten as distancias de seguridade.
O Concello seguirá animando aos usuarios da praia para que usen o sentido común e empreguen estas zonas divididas en cuadrículas, ao ser sanitariamente moito máis seguras.
A este control de aforo esperan que contribúa os drons que vixiarán as praias e que, tras atrasos na súa tramitación, estarán operativos ao longo da próxima semana.
Relacionadas:
-
A praia de Silgar deixa de estar cuadriculada
Por Redacción |
-
A nova figura do verán de Sanxenxo: "Somos informadores, non somos policías de praia"
Por Natalia Puga |
-
Sanxenxo mellora os accesos ás praias de Canelas, Bascuas e A Granxa de Abaixo
Por Redacción |
-
Proban en Areas o dron que controlará a ocupación das praias en Sanxenxo a partir desta semana
Por Redacción |
-
Sanxenxo limitará os accesos a Silgar a próxima fin de semana e promoverá o uso das cuadrículas
Por Redacción |
-
O paseo de Silgar fai oco para máis peóns
Por Redacción |
-
As praias de Sanxenxo estarán vixiadas por 132 persoas este verán
Por Redacción |
-
Haberá 'toque de queda' en Silgar e non se poderá comer nin xogar á pelota nas praias
Por Alejandro Espiño |
-
Prueban en Silgar un sistema de intelixencia artificial para controlar o aforo nas praias
Por Redacción |