Todos os colexios electorais de Pontevedra abriron con normalidade
Por Alejandro Espiño
A xornada electoral comezou sen incidentes en Pontevedra. Do mesmo xeito que no resto da comunidade galega, constituíronse todas as mesas electorais da provincia e abríronse á hora prevista, ás nove da mañá.
Así o destacou en rolda de prensa o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que informou de que todas as mesas de votación, 1.331 en toda a provincia, puideron ser conformadas sen problemas.
A partir de agora, a atención céntrase no dato de participación que, nunha primeira onda, coñecerase sobre as 12.30 horas.
En principio, témese un aumento importante da abstención debido aos rebrotes do coronavirus e ao día tan caloroso que acompaña a estas eleccións, con temperaturas que chegarán ata os 35 graos nas Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Un imbatible Feijóo logra a súa cuarta maioría e Ana Pontón leva ao BNG a cotas históricas
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pontevedra madruga para votar e reláxase pola tarde, pero aínda por encima dos datos de 2016
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os 'presidenciables', entre chamadas á participación nun momento "decisivo" para Galicia
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Os políticos pontevedreses chaman á participación e inciden en que votar é "seguro"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Pontevedra, preparada para unhas eleccións galegas marcadas polo coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Paseos coa familia, actividades deportivas e, sobre todo, moito descanso na xornada de reflexión
Por Alejandro Espiño |