Ferido grave un motorista nun accidente na autovía do Salnés en Barro
Por Redacción
Os servizos sanitarios tiveron que evacuar ao hospital a un motorista que na tarde deste venres sufriu un accidente en Barro.
O sinistro produciuse sobre as 19.00 horas na autovía AG-41, a coñecida como autovía do Salnés, cando circulaba en sentido Curro, no termo municipal de Barro.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o motorista sufriu unha caída e, froito das feridas sufridas, tivo que ser evacuado.
O prognóstico inicial é grave. Presentaba, segundo as primeiras valoracións, politraumatismos e tiña varios ósos rotos.
Ata o lugar do accidente trasladáronse efectivos sanitarios e da Garda Civil de Tráfico.