A piscina de Marín reabre as súas portas tras a pandemia da COVID-19
Por Redacción
Tras catro meses coas súas instalacións pechadas como consecuencia da propagación da COVID-19 no noso país, a piscina municipal de Marín reabre as súas portas desde este mércores 8 de xullo. Farao tras aplicar todas as medidas de seguridade.
Estes protocolos buscan coidar a saúde dos usuarios da piscina e, entre outras cuestións, recolle o uso obrigatorio de máscara, empregar unha toalla cada vez que se utiliza un equipamento ou a desinfección constante dos despachos de billetes.
As propias instalacións implementaron medidas de limpeza exhaustivas que farán que a instalación sexa un lugar "totalmente seguro", segundo destacan os seus responsables.
O persoal da piscina será o que controle o acceso ao centro para garantir as medidas de distancia e evitar aglomeracións.
Ademais, o uso de vestiarios e duchas estará habilitado, pero realizaranse accións de concienciación para que os usuarios as utilicen o menos posible.