Marea Galeguista defende a recuperación a AP-9 en lugar de construír a autovía A-57
Por Redacción
O candidato á presidencia da Xunta de Marea Galeguista, Pancho Casal, reuniuse este luns, acompañado por outros membros da súa candidatura, con veciños de Marcón afectados polas obras da A-57.
Despois de escoitar sobre o terreo as queixas dos veciños, Casal denunciou que "esta barbaridade da A-57 lévanos a pensar que os partidos que gobernan Galicia desde hai 40 anos non están no século XXI. Era nos anos cando 80 cando se facían este tipo de infraestuturas absurdas. Isto é unha barbaridade; polo atentado ecolóxico e por non contar coa opinión dos veciños".
A número da candidatura por Pontevedra, Peque González, asegurou que "a cidade mirou cara outro lado neste problema e a Marea Galeguista é a única opción política que está en contra desta aberración ambiental".
A alternativa a esta nova estrada téñena clara en Marea Galeguista. "O que hai que facer é recuperar a AP-9 e facela pública. Non pode ser que se faga unha autovía paralela á AP-9 gastando cartos para mellor dos grandes construtores", propón Casal, quen reclama tamén outro tipo de servizos para a cidadanía.
"O que precisan é educación, coñecemento, e servizos sociais. Estamos gastando deceas de millón de euros en obras que no serven para nada", rematou.
Relacionadas:
-
"Fartos" da falta de solucións tras danar as obras da A-57 a súa traída de auga
Por Redacción |
-
Marea Galeguista advirte que "vimos para quedar" e converterse na "terceira vía"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Homenaxe floral na Ferrería da Marea Galeguista ás vítimas da violencia machista
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Pancho Casal afirma que na Marea Galeguista non precisan que veñan de Madrid a facerlle a campaña
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Galeguista acusa a Xunta e BNG de desentenderse do "problema da depuradora de Praceres"
Por Redacción |
-
A Marea Galeguista reclama o dereito á enfermidade profesional das mariscadoras
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Galeguista cre que "o futuro da ría de Pontevedra pasa polo peche de ENCE"
Por Oskar Viéitez |