Un condutor resulta ferido ao estrelar o seu vehículo contra un poste en Cambados
Por Redacción
Un mozo de 28 anos, veciño de Tragove da parroquia de Corbillón en Cambados, resultou ferido ao impactar o seu vehículo contra unha columna que soporta o soportal dunha vivenda cambadesa.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e unha ambulancia que trasladou ao ferido a un centro hospitalario.
Polo momento, descoñécense as causas que provocaron que o vehículo que conducía o mozo saíse da pista pola que circulaba e se estrelara frontalmente contra o poste.
O accidente producíase ás 10:40 horas desta xornada festiva e causou alarma entre os veciños da zona. A Garda Civil de Tráfico que se trasladou ata o lugar do accidente investiga as causas do sinistro.