O Grove pon en marcha a programación cultural do verán
Por Redacción
O Concello do Grove porá en marcha esta semana a programación cultural do verán. Neste caso trátase de actividades que se axustarán ás medidas establecidas para garantir a seguridade e protexer tanto ao público como aos artistas como o persoal que participa.
Deste xeito, mantéñense as citas tradicionais como os contacontos dos martes que, para este ano, organizaranse tanto na Biblioteca Municipal como na Axencia de Lectura de San Vicente, contando con prazas limitadas e con inscrición previa para garantir a seguridade adecuada.
Ademáis das actividades infantı́s dos martes, tamén se mantén o Cinema de Verán os mércores, que traerá ao Grove éxitos de pantalla para todos os públicos. Neste caso tamén será preciso un cambio de ubicación para garantir a distancia de seguridade, de tal xeito que terá lugar na Praza do Corgo.
Neste mesmo lugar mantéñense os Xoves Musicais, que este ano terán un carácter marcadamente local, contando coa actuación de "A Banda do Sequı́o", "Acuarela", "FlaMeco", "Arroba de Viño", "Cinco en Zocas", "Carolina Rubirosa" e "Amigos do acordeón das Rı́as Baixas".
A programación desenvolverase tanto no centro da localidade como en San Vicente, onde terán lugar os Venres Culturais que levará o Campo das Festas concertos e proxeccións cinematográficas, con grupos como o "Dúo Musical D2", o "Dúo Prisma" e "Otero & Romero" e pelı́culas para todos os públicos.
Ademáis dese espazo, as Salgadoiras de Moreiras acollerá o concerto de David Chiquillo que, neste caso, tamén contará con prazas limitadas polo que será preciso contar con convite. Nese mesmo espacio terá lugar o Concerto do Quintento de Corda da Orquestra Clásica de Vigo; unha actividade incluı́da dentro do Programa de "Música no Ar" da Deputación de Pontevedra.
Ademáis de toda a programación marcada con carácter semanal, a Programación Cultural completarase coa Exposición fotográfica "Fillos do Océano" de Javier Teniente, unha actividade patrocinada por Afundación de Abanca e que estará no Museo da Salga entre o 8 e o 29 de xullo en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 19.00 horas.
A celebración do Dı́a de Galicia o 25 de xullo terá lugar este ano ás 21.00 horas na Praza doCorgo cun acto institucional que será precedido polo Concerto de Roi Casal, co espectáculo "Son galego, son Cubano" na Praza do Corgo.