Concentración veciñal para reclamar servizo médico en Ponte Sampaio
Por Redacción
Un grupo de veciños concentrouse este sábado diante do consultorio de Ponte Sampaio para esixir ao Sergas a reapertura do servizo médico xa que actualmente só teñen atención de enfermería.
Estes veciños foron convocados pola Plataforma Veciñal Ponte Sampaio-A Canicouva que ten intención de seguir mobilizándose ata que recuperen este servizo que a día de hoxe obrígalles a acudir ao ambulatorio Virxe Peregrina, no centro da cidade.
O Sergas explica que as dimensións do local do consultorio non permiten garantir o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria derivadas da pandemia da covid.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, propuxo usar provisionalmente a Casa da Cultura para permitir o restablecemento do servizo.
Relacionadas:
-
Velorio en Ponte Sampaio para escenificar "a morte da sanidade pública" na parroquia
Por Redacción |
-
A área sanitaria afirma ser a "primeira interesada" en retomar a atención en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O Concello acusa o Sergas de "dilatar" o regreso do médico a Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |
-
A xerencia do CHUP insiste en pedir a biblioteca de Ponte Sampaio ao Concello para normalizar a atención primaria na parroquia
Por Redacción |
-
Pontevedra cederá ao Sergas a Casa de Cultura de Ponte Sampaio como solución "transitoria"
Por Alejandro Espiño |
-
Ponte Sampaio concéntrase para reclamarlle ao Sergas o retorno do médico ao consultorio da parroquia
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Ponte Sampaio sae á rúa para esixir o regreso do médico ao centro de saúde
Por Redacción |