Indignación en Barro pola falta de pediatra no Centro de Saúde
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal socialista en Barro, José Sanmartín, ven de denunciar a "incerteza e indignación" entre as familias do municipio polas consecuencias da falta de pediatra no Centro de Saúde de Barro.
Segundo José Sanmartín "a varias nais negáronlles este venres a atención aos seus fillos no servicio de pediatría que o Sergas derivou a Lérez tralo estado de alarma".
Nomeadamente, o voceiro socialista afirma que "polas informacións que nos trasladan veciños afectados levan tempo sen poder ser atendidos e, o que é mais grave, no Centro de saúde de Lérez, rexeitáronlles as citas para poñer as vacinas obligatorias, nalgúns casos urxentes en pequenos de meses ou de afeccións alérxicas".
O concelleiro do PSOE lembra que Barro é un municipio que ten crecemento poboacional "e non se poden retirar servicios básicos como a Pediatría".
"Nestes tempos onde todos andamos pensando na vacina do Covid para intentar recuperar a normalidade e ter mais tranquilidade, aquí parece que queremos retroceder a outras épocas", dixo Sanmartín. "En Barro Pediatría de novo Xa", sentenciou.
Relacionadas:
-
Compromiso adquirido para recuperar o servizo de Pediatría en Barro
Por Anxo Lourido |
-
O PP sumase a veciñanza de Barro para esixir ao Sergas o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Barro esixe ao Sergas o regreso do pediatra ao seu centro de saúde
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que "a Xunta de Feijóo" ten máis de mil sanitarios menos que con Touriño
Por Redacción |
-
Os socialistas de Barro esixen a cobertura das baixas do persoal do centro de saúde
Por Oskar Viéitez |