Sanxenxo repartirá 31.000 euros en premios no concurso de ideas da Praza de Abastos
Por Redacción
Revitalizar e converter nun referente de produto fresco e gastronomía o mercado de abastos de Sanxenxo é o obxectivo que persegue o goberno local coa construción dun novo edificio para a praza que incluirá un aparcamento e un centro multiusos.
O Concello de Sanxenxo, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia, acaba de convocar un concurso de ideas dotado con 31.000 euros e do que sairá o deseño gañador das futuras instalacións.
Segundo informan desde o goberno local, o primeiro premio estará dotado con 20.000 euros, o segundo, con 6.000 euros e o terceiro, con 3.000 euros. Ademais, entregaranse ata catro accésits de 500 euros cada un. A proposta gañadora podería, se así o considera o Concello, ser a adxudicataria da redacción e dirección do proxecto nun procedemento de contratación posterior valorado en 244.420 euros (IVE/IVE incluído). O prazo de presentación de ofertas conclúe o próximo 17 de agosto.
En canto ao proxecto, contempla a construción dun edificio con cinco plantas e dous sotos. Recolle tamén o acondicionamento da contorna e rúas adxacentes para o que se prevé un orzamento de 4.512.329 euros. O mercado situarase na planta baixa de 550 m2 con catorce postos fixos para carnes, charcutería e embutidos; pollerías; ultramarinos; encurtidos, salgaduras e conservas; conxelados; lácteos e ovos; panaderías; e local de reparación de calzado e duplicado de chaves. Contémplanse 25 bancadas para peixes e mariscos; froitas, hortalizas, verduras e produtos de tempada. Inclúese tamén nunha zona anexa un espazo gourmet, que poida dar servizo á vez ao propio mercado e ao resto de equipamentos do edificio.
O edificio estará dotado dun aparcamento de uso de mercadorías do propio mercado, e un aparcamento de uso público, que poida ocupar incluso as rúas circundantes, en ata dous sotos. Así mesmo, terá un centro multiusos con equipamentos multidisciplinares como unha biblioteca e ludoteca pública, que dea apoio á xa existente no Pazo Emilia Pardo Bazán, un centro multidisciplinar que poida ofrecer á poboación nova e maior o desenvolvemento das súas actividades e aulas para asociacións deportivas, culturais, educativas, sociais, comerciais, turísticas de Sanxenxo para que poidan desenvolver e ofertar un amplo abanico de posibilidades deportivas, sociais, de lecer, de cultura ou de formación.
Por último, a proposta debe integrar o acondicionamento da contorna inmediata do edificio, das súas rúas circundantes, mesmo do espazo de rúa baixo o cal se proxectará o aparcamento subterráneo, no seu caso con arboledo apropiado, espazos de descanso con iluminación e mobiliario urbano. Tamén se deberá dar un tratamento adecuado ao canellón de acceso ao edificio desde a rúa Progreso, para dignificar o mesmo e sinalizar desde este vial o edificio que se proxecta.
Relacionadas:
-
O xurado do concurso do Mercado de abastos de Sanxenxo visualiza as 60 propostas
Por Redacción |
-
O concurso de ideas para deseñar o futuro mercado de abastos de Sanxenxo recibe 63 propostas
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia as obras de remodelación da praza de abastos de Portonovo
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibe máis de 50 propostas para deseñar o novo mercado de abastos
Por Redacción |
-
Vilalonga estrea este sábado o ciclo de cinema na rúa do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Area de Agra estrea bandeira azul e Sanxenxo, un servizo de salvamento reforzado
Por Redacción |
-
O paseo de Silgar fai oco para máis peóns
Por Redacción |
-
Buscas traballo? Sanxenxo ten 206 postos dispoñibles no sector turístico
Por Redacción |
-
O GALP destina 773.000 euros ao financiamento de trece proxectos relacionados coa ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
A 'nova normalidade' chega ás prazas de abastos
Por Redacción |