A aula CeMit de Cuntis acollerá durante xullo e agosto actividades formativas sobre redes sociais
Por Redacción
A aula CeMIT de Cuntis acollerá durante este verán unha ampla programación telemática de actividades de alfabetización dixital dirixidas tanto e empresas e pequenos negocios como a nenos e nenas.
Segundo informou o Concello, as persoas interesadas en participar deberán contactar coa propia aula CeMIT para reservar unha praza. Para facelo, será a través do enderezo electrónico cemit.cuntis@xunta.gal, do teléfono 683 147 165 ou dende a páxina web da Rede CeMIT. Unha vez confirmada a reserva, remitiranse ao correo electrónico das persoas solicitantes as instrucións para acceder a estas teleformacións.
Os obradoiros comezarán a partir do vindeiro luns con actividades dirixidas a empresas e negocios nas que se ensinará a sacar o maior proveito ás principais redes sociais. 'Twitter para empresas' terá lugar os días 6, 7, 8, 9 de xullo; 'Facebook para empresas' os días 13, 14, 15 e 16; 'Instagram para empresas' será o 20, 21, 22 e 23; e 'Whatsapp para empresas' do 27 ao 30 de xullo. Por outra banda, do 6 ao 30 de xullo (de luns a xoves) ofrecerase a actividade 'Practicando co smartphone' na que se resolverán dúbidas e se ensinarán trucos para aproveitar ao máximo a funcionalidade do móbil. As prazas son limitadas a 7 en cada obradoiro, cun total de 6 horas formativas cada un.
En canto ás actividades para nenos e nenas, iniciaranse con 'Micro:Bit para nenos' que terá lugar todos os luns e mércores do mes de 12.00 a 13.00 horas, mentres que de 13.00 a 14.00 se impartirá a actividade de 'Deseño 3'. Os martes e xoves de xullo, de 12.00 a 13.00 horas se ofrecerá 'CS First para nenos', e de 13.00 a 14.00 horas 'Programación para nenos'. Cada actividade formativa ten 8 horas totais de duración. Todas van dirixidas a rapaces e rapazas de entre 7 e 13 anos e, novamente, haberá 7 prazas dispoñibles en cada unha.
Pola súa banda, a programación CeMIT do mes de agosto, dirixida á formación dixital de negocios, iniciarase coa actividade 'Tenda online en WordPress' na que se ensinará a crear unha plataforma dixital de venda a través desta ferramenta de deseño web. Terá lugar do 3 ao 13 de agosto, de luns a xoves, entre as 09.00 e as 10.00 horas.
Por último, os días 24, 25, 26 e 27 será a quenda de 'Youtube para empresas' na que se formará aos asistentes sobre o uso desta rede social para aumentar o rendemento dos negocios e, todos os luns e xoves do mes, celebrarase a sesión 'Practicando co smartphone'.
Relacionadas:
-
A aula CeMIT de Cuntis ofrece un servido de axuda tecnolóxica para toda a veciñanza
Por Redacción |
-
Musicomedia familiar para a velada do venres en Cuntis
Por Redacción |
-
Denuncian máis de oito dias de agarda para unha cita co médico de saúde en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis quere ser sede da próxima asemblea da 'Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade'
Por Redacción |
-
Cuntis asina un convenio para realizar exames universitarios na aula CeMIT
Por Redacción |