Un caso de Covid-19 menos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que rexistra cinco activos
Por Redacción
Se durante o xoves rexistrábase unha importante baixada de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés quedándose en seis. Durante as últimas horas, rexistrouse unha nova recuperación.
Desta forma, nestes momentos a zona sanitaria contempla 5 casos Covid, con pacientes que evolucionan nos seus domicilios. Tanto o Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) como o Hospital do Salnés e o QuirónSalud de Pontevedra atópanse sen pacientes hospitalizados polo virus.
Desde o inicio do plan de continxencia curáronse 898 pacientes, sumando xa o que se curaba nas últimas horas, e faleceron 16 pacientes nos centros hospitalarios de Pontevedra.
En Galicia, 314 pacientes atópanse en situación de seguimento no seu domicilio. 10.665 persoas curáronse desde o inicio da pandemia e 619 faleceron durante este período debido ao coronavirus. En total realizáronse 191.945 probas PCR.