Tino Fernández achaca a trámites administrativos "sen resolver" o atraso no transformador de Barcelos
Por Alejandro Espiño
Trámites administrativos "sen resolver" están detrás do atraso que acumula o proxecto para retirar o transformar eléctrico de Barcelos, actualmente en zona escolar. Así o explicou o edil de Educación, Tino Fernández, que confía en desbloquear esta actuación este mesmo ano.
O concelleiro socialista recoñece que este expediente tivo unha tramitación "complicada", en parte porque "houbo que esperar" ao proxecto elaborado pola compañía eléctrica.
O traslado do transformador, que se situará "máis ou menos enfronte" da súa actual localización, explicou Fernández, non contaba ademais con consignación orzamentaria debido a eses trámites que estaban pendentes.
Unha vez que o expediente "está resolto ou moi avanzado", a previsión da concellería de Educación é "aproveitar" a próxima modificación de crédito para incluír unha partida económica "que nos permita trasladar o transformador fóra do recinto escolar".
"Esperamos ter consignación orzamentaria este mesmo ano para poder licitar as obras", engadiu o responsable municipal de Educación.
Relacionadas:
-
Os populares urxen ao Concello a prometida retirada do transformador de Barcelos
Por Oskar Viéitez |
-
A retirada do transformador do colexio de Barcelos permitirá dotar ao centro dun itinerario accesible
Por Redacción |
-
Acordo do Concello con Fenosa para trasladar o transformador do colexio de Barcelos
Por Redacción |