Ponte Caldelas eliminará o pago de ata sete taxas municipais
Por Redacción
A boa situación económica da que presume o Concello de Ponte Caldelas levará ao goberno municipal a suprimir o pago de sete taxas municipais que estaban vixentes desde o ano 2013.
Son as relativas aos certificados do padrón municipal -tanto o vixente como o anterior-, certificados e informes, compulsas, cotexo e bastanteo de documentos, copias de documentos urbanísticos, fotocopias e calquera expediente ou documento non expresamente tarifado.
Estas taxas estaban vixentes dende a súa publicación no BOP do 6 de febreiro de 2013 e suprímense como xa se fixo anteriormente coas taxas de uso do pavillón de Chan da Barcia, a das visitas á área arqueolóxica de Tourón ou a viñeta para os vehículos históricos.
Esta supresión de taxas, destacan desde o Concello, é viable ante a situación económica das contas municipais.
A débeda quedará reducida, a final de ano, a case 833.000 euros, situándose nun 24% dos dereitos adquiridos -lonxe do 75% que marca a lei como máximo-.
Ademais, o goberno municipal asegura que o 2020 está a ser un ano histórico cun investimento de máis de 2 millóns de euros e, entre outras cuestións, co pago de 105 axudas directas a empresas e autónomos pola crise da COVID-19 por valor de 33.200 euros.
A estes datos, o Concello engade que a maioría dos créditos que están asinados son coa Deputación de Pontevedra e non teñen intereses.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas pide á Xunta e á Deputación que destinen o 1 % dos seus orzamentos aos concellos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas volve conxelar os impostos e taxas municipais para 2021
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pacta a expropiación dos terreos para a zona verde e o aparcamento central
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas medra, ten 37 novos habitantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas promete uns investimentos históricos durante el 2020
Por Redacción |