VÍDEO.- A condutora adopta a "Siniestro", o gato que lle fixo envorcar co seu coche
Por Oskar Viéitez
"Siniestro" é o nome co que bautizaron a un gatiño que a pasada semana era o protagonista dun accidente de tráfico do que informabamos en Pontevedra Viva.
Concretamente, o xoves 25 de xuño ás 15.10 horas unha condutora resultaba ilesa despois de sufrir un accidente co coche que conducía na vía de alta capacidade VG-4.3, ao seu paso polo concello de Vilanova de Arousa.
O accidente produciuse ao dar un volantazo tratando de esquivar a este gatiño que se atopaba en metade da estrada. O coche quedou envorcado sobre o seu teito coas catro rodas cara arriba e o gatiño resultou ferido.
Este martes puidemos saber que ao gatiño tivéronlle que amputar unha pata e agora recupérase satisfactoriamente da operación. Ademais o micho foi adoptado pola moza que sufriu un envorco para esquivalo.
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados compartiu as fotos de "Siniestro" e celebrou a nova.