Comeza a tempada de alto risco de incendios e quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais
Por Redacción
A partir deste mércores 1 de xullo iníciase a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia. Permanecerá activa durante tres meses, ata o 30 de setembro, segundo apuntan desde a Consellería do Medio Rural.
Por este motivo, quedan suspendidas as queimas. Interrompeuse a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, ademais dos permisos para as queimas forestais.
A Consellería lembra que calquera persoa pode utilizar o teléfono de chamada anónima e gratuíta para denunciar calquera actividade delituosa de tipo incendiario da que teña sospeita ou coñecemento. O número é o 900.815.085.
En leste mesmo sentido, desde a Xunta pídese a colaboración da cidadanía para que se denuncien estas accións a través deste teléfono ou poñéndose en contacto coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Tamén se atopa ao dispor da poboación o servizo gratuíto do 085, no caso de que se detecte un incendio forestal.
En canto ás persoas que se acheguen aos montes durante este verán, a Xunta pide que se extremen as precaucións e eviten calquera práctica que supoña risco de incendio. Máis de 7.000 efectivos, entre persoal da Xunta, dos Concellos, do Ministerio, do Exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, manteranse pendentes a partir deste 1 de xullo de vixiar os montes.
Relacionadas:
-
Prohibidas desde este sábado as queimas agrícolas e forestais polas condicións meteorolóxicas
Por Redacción |
-
Con outubro, retómanse os permisos de queima suspendidos polo risco de incendio
Por Redacción |
-
Galicia reforza o operativo contra os incendios e adáptao ás medidas da emerxencia sanitaria
Por Redacción |
-
Marín apremia os donos de parcelas con maleza a rozalas de cara ao verán
Por Redacción |
-
Unha brigada e persoal de limpeza compoñen o plan de prevención de incendios de Moraña
Por Redacción |
-
A Xunta reforza o dispositivo de prevención e control de incendios forestais durante o verán
Por Redacción |