Para Marea Galeguista os nenos "foron os grandes olvidados" durante a crise sanitaria
Por Redacción
A cabeza de lista por Pontevedra de Marea Galeguista, Peque González, reuniuse este luns co presidente da Federación de ANPA de centros públicos da provincia, Rogelio Carballo, e representantes deste colectivo.
Tras escoitar a posición da federación sobre a importancia das clases presenciais, a representante da Marea avanzou que "para o próximo curso nosa aposta é que, maioritariamente, a educación ten que ser presencial. Porque consideramos que a educación non só é unha cuestión de contido, senón que tamén é imprescindible o afecto, a interrelación e o traballo cooperativo. A escola non está preparada para un ensino a distancia", sinalou.
González entende que durante a crise sanitaria "as nenas e nenos foron os grandes esquecidos e prexudicados. Estaban na casa, sen que ninguén pensase neles. E, a pesar diso, tiveron un comportamento exemplar", sostivo.
Marea Galeguista criticou ademais a falta de plans de formación para o profesorado, que a día de hoxe son "anecdóticos" e que "normalmente son contratados a empresas privadas e o único que fan a posteriori é cuantificar canto profesorado fai ese tipo de cursos e non se avalía a calidade".
Relacionadas:
-
Pancho Casal afirma que na Marea Galeguista non precisan que veñan de Madrid a facerlle a campaña
Por Oskar Viéitez |
-
A Marea Galeguista reclama o dereito á enfermidade profesional das mariscadoras
Por Oskar Viéitez |
-
Marea Galeguista cre que "o futuro da ría de Pontevedra pasa polo peche de ENCE"
Por Oskar Viéitez |
-
Marea preséntase como a única formación disposta a loitar polos dereitos e benestar dos galegos para pedir o voto
Por Manu Otero |
-
Marea Galeguista comeza o camiño cara o 12JX poñendo o foco nas emerxencias feminista, social e ambiental
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Peque González será a candidata de Marea Galeguista por Pontevedra
Por Redacción |