Nova desinfección dos máis de 600 colectores do lixo de Poio
Por Redacción
O Concello de Poio anuncia que esta semana a empresa responsable da xestión de residuos e recollida do lixo, Valoriza, procederá a levar a cabo tarefas de limpeza e desinfección dos máis de 600 colectores distribuídos polas cinco parroquias do municipio.
Trátase dunha actuación que a firma concesionaria realiza de xeito periódico cada certo tempo (concretamente, tres veces durante o verán e outras dúas durante o resto do ano).
Neste caso, ao igual que se fixo o pasado mes de abril, ademais da limpeza tamén se procederá a desinfección dos recipientes, para o cal se lle engadirá hipoclorito ao preparado que se utiliza habitualmente para a posta a punto de todas as unidades. Para levar a cabo estes traballos faise uso dun camión especializado.
En total, procederase á limpeza de 328 colectores de carga lateral e 308 de carga traseira, explica a concelleira de Servizos Municipais, Chelo Besada. Durante o confinamento, a media diaria de unidades tratadas era de 60.