Estafan un veciño de Meaño na compra por internet dunha motocicleta de segunda man
Por Redacción
A Garda Civil localizu na localidade cántabra de Astillero unha parella de 43 anos e de 22 anos de idade, que contan con antecedentes policiais, aos que se lles atribúe un suposto delito de estafa cometido a un veciño de Meaño na adquisición dunha motocicleta por un valor de 1.250 euros.
Segundo informaron fontes oficiais de Instituto Armado, a investigación iniciouse o pasado mes de maio por mor da denuncia interposta diante da Garda Civil de Sanxenxo por un veciño de Meaño na que o denunciante indicaba que comprara unha motocicleta alemá para restauración por un valor de 1.250 euros a través dunha páxina de compra-venda entre particulares na internet.
Os investigados acordaran coa vítima o ingreso do diñeiro mediante transferencia bancaria para posteriormente enviarlle a motocicleta, para a cal lle facilitaron o número de bastidor, para así dar máis legalidade ao anuncio.
Trátase dunha fotografía colgada na rede, e realizada polos propios estafadores a un prezo de oferta vantaxosa, o que fixo gañarse a confianza da vítima, á que se lle esixía celeridade no ingreso do diñeiro pola afluencia de ofertas.
A detección temperá desta actividade delituosa na que estaban implicados os presuntos autores, permitiu identificalos cando accedían a varias entidades bancarias en localidades de Cantabria para proceder á retirada do diñeiro estafado.
Tras a súa identificación, a información foi facilitada ao Posto da Garda Civil de Astillero lugar de residencia dos presuntos autores, onde foron citados en calidade de investigados.
Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Garda de Cambados e Santander diante dos que deberán responder os presuntos autores cando sexan citados para iso.
Relacionadas:
-
A Garda Civil localiza en Madrid ao presunto autor dunha estafa online a un veciño de Cambados
Por Redacción |
-
Un pontevedrés, detido por unha estafa masiva a través de Internet con 50 vítimas en toda España
Por Natalia Puga |
-
Detido o estafador de coches de luxo do Salnés por apropiación ilegal de dous vehículos
Por Redacción |
-
A ciberdelincuencia non para de crecer e é xa o delito máis numeroso en toda a provincia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |