Pedro Duque fará parada en Pontevedra no acto central da campaña do PSOE
Por Redacción
O ministro de Ciencia e Innovación do Goberno de España, o ex astronauta Pedro Duque, aterrará esta semana en Pontevedra para participar na campaña electoral das eleccións autonómicas do 12 de xullo, en concreto, para arroupar o candidato socialista, Gonzalo Caballero, no que será o acto central na cidade.
Duque participará nun mitin na praza da Ferrería a partir das oito da tarde deste mércores 1 de xullo no que tamén participarán a secretaria xeral do PSOE local e subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o seu secretario de Organización e tenente de alcalde Pontevedra, Tino Fernández; a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o secretario provincial do PSdeG, David Regades, e os candidatos Paloma Castro, Rafael Cotelo e Manuel Loureiro.
O astronauta e enxeñeiro aeronáutico intentará, desta maneira, propulsar a campaña de Caballero para chegar á Presidencia da Xunta de Galicia.
Duque, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, Gran Cruz ao Mérito Aeronáutico e doutor honoris causa pola Universidade Europea de Madrid, a Uned e a Universidade de Almería, é ministro de Ciencia e Innovación no Goberno de Pedro Sánchez desde xuño de 2018. É o segundo astronauta en ocupar un ministerio no mundo, despois do canadense Marc Garneau.
Relacionadas:
-
Os socialistas acusan a Núñez Feijóo de "esquecerse das mulleres"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PSOE promete endurecer as penas por maltrato e abandono de animais na súa campaña electoral
Por Redacción |
-
O PSdeG considera “unha mala broma” que Feijóo viñera a Pontevedra “a reverdecer as súas promesas incumpridas de 2016”
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero pedalea por Pontevedra para presentar unha estratexia global do PSOE de fortalecemento do deporte
Por Redacción |