Nove casos Covid-19 permanecen activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción
Este domingo 28 a área sanitara de Pontevedra e O Salnés continúa sen pacientes Covid hospitalizados en planta. Esta situación rexístrase tanto no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra como no Hospital do Salnés e no Centro QuirónSalud de Pontevedra.
Tampouco a área conta con pacientes ingresados enfermos de coronavirus en área de coidados críticos. Pola contra, permanecen activos nove casos en toda a área sanitaria afectados pola Covid-19, que evolucionan nos seus domicilios, segundo a información facilitada polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Esta cifra incrementábase nunha persoa este sábado ao sumarse un dos mariñeiros chegados ás instalacións portuarias de Marín esta semana.
Desde o comezo do plan de continxencia da Covid-19 curáronse 893 pacientes, a mesma cifra deste sábado na área sanitaria, e faleceron por causa do virus que provocou a pandemia 16 pacientes nos centros hospitalarios de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Os contaxios de covid-19 estáncanse na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Rexístrase un novo caso activo de Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción |
-
Centos de persoas demandan a destitución da xerencia dos hospitais de Pontevedra se non abre vías de diálogo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sen cambios na incidencia do coronavirus na área sanitaria: oito casos activos e ningún paciente curado novo
Por Redacción |