O PP reclama ao Goberno que permita aos concellos usar os seus aforros para paliar os efectos da crise
Por Redacción
Deputados nacionais e senadores do Partido Popular de Pontevedra volven a reclamar ao Goberno central que permita aos concellos usar os seus aforros para paliar os efectos da crise sanitaria.
Entenden os populares que "o Estado debe autorizar sen máis dilación" que os concellos poidan empregar todo o superávit e remanentes de tesourería, uns ingresos que lle corresponden ás entidades locais e que están a ser bloqueados polo Estado a través a través da Lei de Estabilidade Orzamentaria e Financieira, máis coñecida como "Lei Montoro", do ano 2012.
O PP defende que, nestes momentos de crise, "os concellos teñen dereito a poder reinvestir este saldo favorable que teñen en medidas que van repercutir de xeito directo no benestar dos seus veciños e veciñas".
Así, recordan que o Estado só permite gastar o 20% do superávit municipal de 2019 para atender gastos urxentes das medidas levadas a cabo durante a pandemia, "pero non ten sentido que non se poidan adoptar outras iniciativas cando hai uns aforros municipais que o Goberno non permite usar", sosteñen.
Ademais desta iniciativa, os populares pontevedreses tamén trasladaron ao Congreso e ao Senado a modificación do regulamento da Lei de Costas a través da Lei de Cambio Climático e a importancia de reactivar o sectores turístico e da automoción.