Protesta de loito dos autónomos en Pontevedra

Por Redacción
A praza de España non só foi escenario da manifestación contra o mitin de Vox, á mesma hora e no mesmo lugar estaba tamén convocada unha concentración por parte dos autónomos para expresar o seu enfado polas consecuencias económicas que a crise sanitaria provocou a estes traballadores.
Vestidos completamente de negro e cos petos do pantalón cara a fóra, os autónomos pretendían escenificar a ruína na que acabarán moitos deles se o Goberno non aplica as políticas e axudas necesarias para salvar a unha parte fundamental do tecido laboral do país.
Durante unha hora concentráronse nesta céntrica praza. Gardaron un minuto de silencio en homenaxe ás vítimas da pandemia e tamén pola perda de moitos negocios. E para pechar o acto procederon á lectura dun manifesto co que esixen solucións para este sector.
Concentración de profesionais autónomos en Pontevedra
Os participantes vestían unha camiseta negra e cos petos dos pantalóns cara afora para manifestar a grave situación económica pola que pasan derivada do estado de alarma e das medidas adoptadas polo goberno
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Pecha o maior parque de bólas de Pontevedra: "Chegou a situación de dicir: non podo seguir con isto porque me estou afundindo"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Os autónomos saen á rúa o sábado para reivindicar os seus dereitos: "Somos autónomos non caixeiros"
Por Redacción |
-
Pontevedra concederá axudas económicas a autónomos e 'micropemes'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |