Ábrese o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de verán en Caldas
Por Redacción
O luns 29 ábrese o prazo para inscribirse para participar no programa municipal de actividades deportivas en Caldas de Reis, destinadas a menores e á mocidade. O prazo para apuntarse finalizará o 3 de xullo.
O Auditorio Municipal é o lugar previsto para realizar a inscrición, en horario de 09.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e gratuítas, con grupos reducidos con preferencia para persoas empadroadas en Caldas.
Entre as actividades ofértanse desde adestramento funcional a patinaxe pasando por tenis de mesa, béisbol, dardos ou bádminton, entre outras. Comezarán en xullo e alongaranse ata finais de agosto. Celebraranse no Pavillón Municipal de Deportes, salvo as clases de patinaxe que terán lugar no patio do CPI Alfonso VII.
Ademais, o Concello de Caldas lembra que a piscina climatizada e o ximnasio atópanse abertos ao público cunha capacidade de asistencia limitada ás medidas sanitarias. Tamén será obrigatorio utilizar máscara e distanciamento social.