Rexístrase un novo caso activo de Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción
Este sábado 27 de xuño, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés continúa sen pacientes Covid hospitalizados nas plantas do Complexo Hospitalario de Pontevedra, o Hospital do Salnés e o QuirónSalud.
Tamén se mantén sen pacientes ingresados con coronavirus en área de coidados críticos. Con todo, este sábado rexistrouse un caso activo máis que durante o venres 26. Agora son xa 9 casos activos de persoas que evolucionan coa enfermidade nos seus domicilios.
Mantense o número de 893 pacientes curados da Covid-19 desde o inicio do plan de continxencia e faleceron 16 pacientes por culpa do virus na área sanitaria de Pontevedra.
Galicia rexistra este sábado un total de 308 casos activos de coronavirus, dos que 304 permanecen nos seus domicilios. O número de PCR realizadas, segundo o SERGAS, ascende a 174.369.
Relacionadas:
-
Un novo caso activo de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que suma dez
Por Natalia Puga |
-
Os contaxios de covid-19 estáncanse na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Nove casos Covid-19 permanecen activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción |
-
A Policía Autonómica inicia esta fin de semana os controis en terrazas, festas e verbenas do Salnés
Por Redacción |
-
Oitava xornada consecutiva con 8 casos activos de Covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |