187 establecementos do centro da cidade súmanse ao Plan Composta
Por Redacción
Raimundo González, concelleiro responsable de Residuos de Pontevedra, cualifica como "un éxito" a acollida que ten o Plan Composta entre o comercio e os restaurante e bares do centro da cidade.
Segundo indica o goberno local, o 80% dos establecementos visitados súmanse ao programa de tratamentos dos restos orgánicos. Só nove rexeitaron esta proposta durante as 234 visitas que se realizaron en nove días laborables.
187 locais súmanse ao Plan Composta, centrado na mellora de calidade de vida a través da xestión dos biorresiduos. Froiterías e outros comercios de alimentación decidiron non participar porque xa reutilizan estes restos orgánicos para destinalos a animais ou algún outro uso alternativo.
A iniciativa comezaba o 15 de xuño e prolongarase ata primeiros do mes de xullo cunha campaña de sensibilización coa visita de dúas persoas aos establecementos produtores de residuos, que poidan tratarse a través dos novos contedores. Aqueles que se suman ao Plan reciben unha tarxeta, un contedor e bolsas compostables.
Despois desta primeira etapa iniciaranse visitas a particulares por parte do equipo de informadores do Plan Composta a 3.500 domicilios.
Relacionadas:
-
Comeza a colocación e reparto dos colectores marróns
Por Oskar Viéitez |
-
A compostaxe comunitaria chega esta semana a Campolongo
Por Redacción |
-
O 6 de xullo comezará a recollida de residuos para compostar no centro histórico e no ensanche da cidade
Por Anxo Lourido |
-
Implantan en Pontevedra un proxecto piloto para impulsar a compostaxe doméstica
Por Alejandro Espiño |