Centos de persoas demandan a destitución da xerencia dos hospitais de Pontevedra se non abre vías de diálogo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Por segunda vez, os sindicatos CESM Galicia, Co.Bas e Prosagap saían á rúa nas últimas semanas, nesta ocasión co apoio da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria da área Sanitaria de Pontevedra e a CGT, para demandar que se abra unha mesa de negociación entre a Xerencia dos centros hospitalarios de Pontevedra e os representantes do persoal.
Sinalan que as demandas por parte dos profesionais repítense desde hai anos ante a precariedade laboral e a política de privatizacións que se está levando a cabo desde a Xunta de Galicia. Reclaman que se dignifique o traballo do persoal sanitario.
Os convocantes realizaban o percorrido con máscaras protectoras e entoando proclamas como "Feijóo escoita, a sanidade está en loita", "máis propietarios e menos precarios" ou ""cabreados, el SERGAS nos tiene muy cabreaditos" a ritmo do 'Despacito', de Luís Fonsi.
Piden ao conselleiro de Sanidade #Jesús Vázquez Almuíña que, se continúa sen haber negociacións, destitúa ao actual equipo directivo por un grupo profesional competente que manteña empatía cos traballadores. Afirman que a xerencia que lidera José Ramón Gómez menospreza aos empregados dos centros hospitalarios.
E acusan ademais a Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, de danar tanto a Atención Primaria como ao conxunto do sistema público de saúde a través da externalización de servizos, que pasan a mans privadas. E afirman que, desde o goberno autonómico, se desviou diñeiro público directamente aos centros hospitalarios concertados.
Alertan sobre a próxima privatización do servizo de Mantemento na primeira fase do concurso do Gran Montecelo e temen que tamén suceda o mesmo con lavandería, subministracións ou cociña.
Relacionadas:
-
Protesta para denunciar o bloqueo que exerce a xerencia da área sanitaria sobre os representantes sindicais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Piden a destitución da xerencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés por "incompetencia manifesta"
Por Anxo Lourido |
-
Ponte humana reivindicativa para alertar sobre as necesidades da área sanitaria de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cadea humana entre o Provincial e o Concello para trasladar aos grupos políticos as necesidades sanitarias
Por Redacción |
-
Nove casos Covid-19 permanecen activos na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés
Por Redacción |
-
Os sindicatos sanitarios continuarán coas mobilizacións ata que se abra unha mesa de negociación coa Xerencia
Por Oskar Viéitez |
-
Sindicatos sanitarios acusan o Sergas de manipular as cifras de afectados pola Covid para saír do estado de alarma
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Sindicatos acusan os responsables sanitarios de "tentar boicotear" as súas protestas e liberdade de expresión
Por Redacción |
-
Nova concentración nos hospitais de Pontevedra ao berro de "xerente dimisión" ante o temor da privatización de Mantemento
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Numerosa manifestación de profesionais do sector sanitario pedindo a dimisión da xerencia dos hospitais de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Redacción |