108 prazas en sete campos de voluntariado, oferta lúdica da Xunta para adultos durante este verán
Por Redacción
Os maiores de 18 anos de Galicia que queiran apuntarse a algún dos sete campos de voluntariado, que promove a Consellería de Política Social, xa poden facelo para tentar lograr unha das 108 prazas que se reparten nestes espazos destinados a actividades de convivencia durante este verán.
Nesta ocasión, a Xunta de Galicia advirte que a situación derivada da emerxencia sanitaria fai necesario ofertar este tipo de iniciativas lúdicas e tamén de educación e solidariedade. Desde a administración autonómica indícan que se adoptarán as máximas garantías de prevención e hixiene para que a experiencia desenvólvase sen problemas.
Os campos serán de ámbito autonómico e só para mocidade censada en Galicia e a convivencia será dun máximo de 12 persoas, ademais do equipo técnico.
Nas Illas Cíes haberá tres quendas: do 17 ao 28 de xullo; do 2 ao 13 de agosto e do 17 ao 28 do mesmo mes. Serán 36 prazas e as actividades centraranse en temas relacionados co coidado ambiental.
O resto de campamentos ofertan 12 prazas. No Grove desenvólvese o que leva por nome 'A terra que habita non mar' e levará a cabo do 1 ao 12 de setembro. Vilanova de Arousa ofrecerá outra proposta titulada 'Salvemos a mar: plástico cero', do 28 de xullo ao 8 de agosto. E en Cerdedo-Cotobade terá lugar 'Fábrica da Luz', do 18 ao 29 de agosto.
Tamén haberá outros tres campos novos, en Lalín, Salvatrera do Miño e Campo Lameiro. Neste último municipio promóvese 'A idade de Bronce', entre o 30 de xullo e o 10 de agosto.
O prazo da convocatoria péchase tres días antes de que comece cada proposta. As prazas serán adxudicadas por orde de recepción. A solicitude presentarase a través dun formulario en liña, que se ofrece en xuventude.xunta.es
O prezo para todos os campos é de 110 euros, con desconto dun 25% se se posúe o Carné Xove ou forman parte de familia numerosa ou monoparental.