Poio reabre progresivamente os parques infantís
Por Redacción
Unha vez realizados os pertinentes traballos de limpeza, desinfección e posta a punto, o Concello de Poio comeza a abrir, de xeito progresivo, os parques infantís, que permanecían pechados desde o decreto do estado de alarma o pasado 14 de marzo.
De momento, pasan a estar operativos os de Ferreirós, Lourido, Ánkar, A Seca, Combarro, Raxó e Arén. Posteriormente, se todo transcorre con normalidade, iranse abrindo o resto de áreas pouco a pouco nas cinco parroquias.
Os operarios municipais procederon a instalar paneis informativos neses espazos, nos que se especifican as normas de uso. Entre elas, destaca que cada usuario deberá contar cun espazo de catro metros cadrados de separación. Ademais, queda restrinxido o acceso a adultos ao espazo reservado para cativos, salvo que acompañen a menores de tres anos e, nese caso, só poderá entrar un único adulto. Os maiores de seis anos deberán utilizar máscara de xeito obrigatorio. Os paneis achegan os números e teléfono da Policía Local, Protección Civil e Emerxencias.
O Concello lembra que Poio conta con 43 parques infantís, "polo qué é preciso escalonar a apertura destas áreas, máxime tendo en conta a falta de directrices por parte da Xunta de Galicia á hora de permitir o acceso aos parques", algo que se permite desde a entrada na nova normalidade.
A Administración municipal prevé, en caso de que fose necesario, limitar o aforo, para o cal se instalarían paneis informando sobre o número máximo de usuarios. Queda descartada a instalación de xel hidroalcólico, por cuestións de seguridade. Iso si, recoméndase á veciñanza que laven as mans antes de acceder a estes espazos e evitar aglomeracións. En caso de que se detectase algún problema, volvería a procederse ao peche.
Relacionadas:
-
Os parques infantís de Pontevedra abrirán a partir do luns
Por Redacción |
-
O PP critica que os parques de Pontevedra sigan pechados unha semana despois e denuncia "incapacidade para articular medidas"
Por Redacción |
-
Abrir os parques infantís de Pontevedra custará 1.400 euros diarios
Por Redacción |
-
Cuntis, Caldas, Portas, Moraña e Barro manterán pechados parques infantís e piscinas municipais todo o verán
Por Redacción |