Os sindicatos chaman a unha concentración pola reconstrucción do país
Por Redacción
O domingo ás 12.00 horas está convocada unha concentración na Praza de España de Pontevedra por parte dos sindicatos Comisións Obreiras e UXT. Trátase dunha mobilización que terá lugar en todas as cidades do país ao longo desta fin de semana co obxectivo de instar os responsables políticos a buscar instrumentos para axudar aos sectores máis afectados pola pandemia da Covid-19 a superar a crise.
Os portavoces de ambas as agrupacións en Pontevedra, José Luis Pedrosa e Moncho Vidal, compareceron este venres #ante os medios para animar á poboación para manter unha "posición activa" para manter os servizos públicos.
Nun chamamento ao entendemento entre todas as forzas políticas, desde os sindicatos piden "un gran pacto para a reconstrución social de España e unha aposta por reforzar os servizos públicos", recolle o manifesto que lerán este domingo.
Lamentan desde estas agrupacións que a excesiva dependencia da economía pontevedresa do sector servizos, por iso piden ás administracións que doten a estes sectores dos soportes necesarios para superar o bache "como se fixo con outros sectores na anterior crise", rematan.
Relacionadas:
-
Os sindicatos reclaman un pacto político para superar a crise derivada da Covid-19
Por Manu Otero |
-
Os sindicatos sanitarios continuarán coas mobilizacións ata que se abra unha mesa de negociación coa Xerencia
Por Oskar Viéitez |
-
O persoal de Política Social continúa coas protestas para reclamar a negociación da súa situación laboral
Por Redacción |