As praias de Cabeceira e Xiorto contarán con seis socorristas a partir do vindeiro 1 de xullo
Por Redacción
As praias de Cabeceira, en Lourido, e de Xiorto, na parroquia de Raxó, contarán, un ano máis, con socorristas.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Poio aprobou na súa última sesión, celebrada este martes, a proposta impulsada pola Concellería de Persoal para a contratación temporal de seis profesionais, que iniciarán o seu labor o vindeiro 1 de xullo e permanecerán operativos ate o mes de setembro, unha vez finalice a tempada estival. A incorporación destes traballadores, que serán os encargados de velar pola seguridade dos bañistas, levouse a cabo mediante o sistema de concurso, por quenda libre.
O departamento municipal aposta pola contratación de seis persoas que se atopaban en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes non ocupados. Desenvolveuse un concurso baseado na valoración dos méritos alegados polos aspirantes e tivéronse en conta baremos como unha formación académica superior á esixida para o posto convocado.
A apertura deste servizo coincidirá co izado da bandeira azul que lucirá a praia de Cabeceira durante o verán. Ademais, os operarios municipais xa veñen traballando nos últimos meses na posta a punto dos areais do municipio, cuns labores que se reforzaron desde que o proceso de desescalada permitiu o acceso ás praias, primeiro como lugar para pasear o facer exercicio (fase 1) e, xa a partir na fase 2, coa aprobación para gozar no baño, situación que se mantén na nova normalidade.
Ademais, o Concello instalou en maio nos accesos de varios areais (entre os que se atopan Xiorto, Raxó, Sinás, Covelo, Cabeceira ou Padrón) unha serie de paneis informativos sobre as medidas de seguridade e distanciamento social que establecen as autoridades sanitarias na loita contra a Covid-19.
Por outra banda, a Administración local tamén traballa na contratación temporal de persoas para cubrir cinco postos de peón varredor e persoal de limpeza. Esta medida realízase a través dunha achega recibida por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para a incorporación de cidadáns que reciben a RISGA. Está previsto que estas incorporación queden formalizadas a vindeira semana. Precisamente, o pasado luns os aspirantes procederon a realizar as probas prácticas.
Relacionadas:
-
As picaduras de faneca 'pasan' das praias de Poio
Por Redacción |
-
Rescatan da auga a un home en apuros na praia de Xiorto
Por Redacción |
-
Oito operarios da brigada de prevención e defensa contra os lumes forestais xa vixían os montes de Poio
Por Redacción |
-
O izado da bandeira azul e a estrea dos socorristas marcan o inicio da tempada estival
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- As praias da ría izan as súas bandeiras azuis
Por Redacción |
-
As praias de Sanxenxo estarán vixiadas por 132 persoas este verán
Por Redacción |
-
Marín apura a selección dos socorristas que vixiarán as súas praias este verán
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A do Lérez será "praia libre de fume" e contará con socorristas e balizamento a partir do sábado 27 de xuño
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta destina 165.700 euros para contratar 55 socorristas nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción |