Gonzalo Caballero pedalea por Pontevedra para presentar unha estratexia global do PSOE de fortalecemento do deporte
Por Redacción
O candidato do PSOE á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, Gonzalo Caballero, subiu este mércores á bicicleta e pedaleou polas rúas de Pontevedra para presentar as súas propostas de goberno en materia deportiva, que pasan por unha estratexia global de fortalecemento do deporte en Galicia, con impulso a tódolos niveis: deporte base, profesional e de elite.
No seu paseo, Caballero estivo acompañado polos tamén candidatos por Pontevedra Paloma Castro e Rafa Cotelo e por outros cargos e militantes socialistas como Iván Puentes. Á súa chegada á praza de España de Pontevedra tamén o acompañou o tenente de alcalde e concelleiro de Deporte de Pontevedra, Tino Fernández, que defendeu a necesidade dun goberno socialista que desbloquee o impulso á actividade deportiva e rompa coas restricións impostas polo PP, que "afectan a todos os ámbitos da práctica deportiva en todos os concellos".
Fernández, ademais, defendeu a filosofía de fomento do deporte de Pontevedra, "exportable a toda a comunidade", que entende as prácticas deportivas na vertente económica grazas á organización de grandes eventos anuais.
Segundo deu a coñecer Caballero, o programa do PSdeG recolle o reforzo do mapa de instalacións dispoñibles no conxunto de Galicia e a aposta polo deporte de elite, reforzando a presenza da actividade física en todas as facetas da sociedade.
O candidato propuxo un gran acordo conxunto coas administracións locais, as deputacións e o conxunto de federacións deportivas para poñer en común as capacidades do deporte galego e fomentar a práctica deportiva entre a cidadanía "para manter o corpo e a mente coa axilidade que proporciona a práctica regular de exercicio"-
Ademais, destacou que o fomento do uso da bicicleta como medio de transporte é moi compatible co desenvolvemento sostible, co fomento das enerxías limpas e cunha forma de entender o territorio e a sociedade moi amable e formulou un plan de fomento de uso da bicicleta que permita dar seguridade aos cidadáns que a utilizan regularmente.
Caballero tamén defendeu que Galicia necesita un cambio para ter á fronte da Xunta "un goberno amigo" que actúe como "un escudo protector" para o máis de medio millar de galegos e galegas en situación de pobreza e para os 44.000 cidadáns que poden entrar nesta situación como consecuencia da crise da Covid-19.
Relacionadas:
-
Pedro Duque asegura que "no es tiempo de gobiernos conservadores"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pedro Duque fará parada en Pontevedra no acto central da campaña do PSOE
Por Redacción |
-
O PSdeG considera “unha mala broma” que Feijóo viñera a Pontevedra “a reverdecer as súas promesas incumpridas de 2016”
Por Redacción |
-
A carreira electoral ata o 12X arranca en Pontevedra cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Estiman que 15.000 fogares pontevedreses recibirán o ingreso mínimo vital
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A campaña do PSOE de cara o 12X terá presenza constante na rúa e acento nas políticas públicas
Por Redacción |