VÍDEO.- Feijóo reivindica once anos de achegas a Pontevedra e máis de 44 millóns de euros investidos para o saneamento da Ría
Por Redacción
O cabeza de lista do PPdeG ás eleccións autonómicas, Alberto Núñez Feijóo, publicou este mércores, a través da rede social Twitter, un vídeo no que fai un repaso pola implicación con Pontevedra da Xunta de Galicia desde que el goberna hai 11 anos e reafirma o seu compromiso coa cidade.
O vídeo forma parte dunha campaña realizada en todas as cidades galegas e, no caso do de Pontevedra, destaca o papel da Administración autonómica no avance da cidade na última década, cun repaso polos investimentos realizados desde 2009.
Entre outras actuacións, Feijóo enumera as realizadas para o saneamento da Ría de Pontevedra, para o que o Goberno galego leva investidos máis de 44 millóns de euros en infraestruturas e na explotación da EDAR de Praceres. Ademais, reafirmou o seu compromiso co proxecto pendente para a dragaxe do Lérez.
Feijóo tamén enumera as actuacións da Xunta no ámbito sanitario, coa construción do centro de saúde de A Parda e a reforma integral da área de cirurxía e dos servizos de xinecoloxía e neonatos do Hospital Provincial. O novo hospital de día psiquiátrico ou a ampliación da área de oncoloxía son outros dos investimentos que pon en valor e aproveita para destacar, en clave de futuro, que o Gran Montecelo será unha realidade.
Entre as principais reformas acometidas nos últimos anos polo Goberno galego, Feijóo referiuse ao novo edificio administrativo de Benito Corbal e ampliación do edificio xudicial da Parda e destacou que Pontevedra conta con máis do dobre de escolas infantís e 320 prazas públicas máis en garderías que no ano 2009, logo da posta en marcha de instalacións na Parda, no edificio da Xunta ou no campus universitario da Xunqueira.
No ámbito educativo, subliñou a rehabilitación do CEIP Campolongo, a ampliación do centro de FP Carlos Oroza e as obras de mellora no IES A Xunqueira e en relación cos servizos sociais destaca que o incremento de 28.000 a 120.000 o número de horas prestadas polo servizo de axuda no fogar, a construción do novo centro de día para persoas con alzheimer, a reforma da residencia de Campolongo e a futura residencia do barrio da Parda, que albergará 120 prazas.
A reforma da estrada a Vilagarcía e a ponte da Barca, a ponte das Correntes, a variante de Marín ou a futura variante de Alba son outras das actuacións que reivindica como presidenta da Xunta.
Pontevedra#GaliciaGaliciaGalicia pic.twitter.com/iE5QGTpcNs
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) June 24, 2020
Relacionadas:
-
Os 'bos agoiros' da fin da campaña de Feijóo coas campás de San Francisco de fondo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Rajoy e Casado, xuntos en Pontevedra para reivindicar a Feijóo como o "mejor presidente" da historia de Galicia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A carreira electoral ata o 12X arranca en Pontevedra cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Alfonso Rueda destaca o "gran peso político" da candidatura do PP de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |