Ponte Sampaio sae á rúa para esixir o regreso do médico ao centro de saúde
Por Redacción
A plataforma veciñal de Ponte Sampaio planea unha concentración diante do centro de saúde da parroquia este sábado a partir das 18 horas para esixir o regreso do médico á parroquia. O colectivo presentou este martes a solicitude na Subdelegación de Goberno para conseguir a autorización para realizar a protesta.
Desde a agrupación recordan que o Concello de Pontevedra dispón dunha instalación na parroquia, o Centro Cultural, no que se poderían reiniciar de inmediato as consultas con todas as garantías sanitarias ao dispoñer de portas de entrada e saída independentes e dimensións suficientes.
Entenden os veciños que a negativa do Sergas ao retorno do médico ao consultorio trátase dunha medida dilatoria cuxo único propósito é acabar pechando a instalación co grave prexuízo que causaría á parroquia.
Co centro de saúde pechado, a única opción dos pacientes é acudir ao centro médico Virxe Peregrina, no centro de Pontevedra, nun momento no que non estaban permitidos os desprazamentos. Esta decisión provocou un grave problema a boa parte da poboación, moitos de avanzada idade, que tiñan que abandonar o confinamento para trasladarse ao centro a por os seus tratamentos e atención médica co risco de contafgio que iso supoñía.
Ante esta situación, a plataforma veciñal recolleu nun só día máis de 610 firmas de veciños coas que reclamaba a reapertura inmediata do centro sanitario co persoal que o atencía (médico e enfermeiro) antes da declaración do estado de alarma.
A presión veciñal e o apoio do Concello de Pontevedra permitiu que o Sergas destinase ao centro sanitario un enfermeiro para mediados de xuño, pero segue aínda pendente o retorno do facultativo.
A negativa do Sergas para reiniciar a actividade normal no consultorio quedou plasmada, ao entender dos afectados, cando ordenou retirar unha pancarta instalada na fachada do centro sanitario que daba conta da reivindicación veciñal despois dunha visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Por iso, desde o colectivo veciñal advirten que continuarán presionando todo o tempo que sexa necesario ata conseguir o retorno da atención médica á parroquia e o servizo sexa reposto de forma integral por parte do Sergas.
Relacionadas:
-
A xerencia do CHUP insiste en pedir a biblioteca de Ponte Sampaio ao Concello para normalizar a atención primaria na parroquia
Por Redacción |
-
Concentración veciñal para reclamar servizo médico en Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Pontevedra cederá ao Sergas a Casa de Cultura de Ponte Sampaio como solución "transitoria"
Por Alejandro Espiño |
-
Ponte Sampaio concéntrase para reclamarlle ao Sergas o retorno do médico ao consultorio da parroquia
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O PP súmase á petición do Sergas e reclama ao Concello que ceda o edificio anexo ao consultorio de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
O Sergas só devolverá o médico ao consultorio de Ponte Sampaio se o Concello lle cede o edificio anexo
Por Redacción |
-
O Consultorio de Ponte Sampaio reactivará a actividade de Enfermería o vindeiro 1 de xuño
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada