Habilitan unha web para as consultas sobre as axudas a autónomos e 'micropemes'
Por Redacción
O Concello de Pontevedra habilitou un espazo na súa web municipal para que todos os interesados en acceder ás axudas anunciadas para autónomos e 'micropemes' poidan consultar toda a información relativa a estas subvencións.
O enlace é http://www.pontevedra.gal/subvencions/ e nel xa está incluído o primeiro borrador das subvencións. Este espazo irase actualizando a medida que vaia avanzando o proceso administrativo, sinalan desde o goberno municipal.
A tramitación administrativa poderá estar rematada en dous ou tres meses. O obxectivo de facer o anuncio con tanta antelación é que os posibles interesados vaian coñecendo as liñas de subvencións e tomen as súas decisións.
As axudas a autónomos e 'micropemes' contempla unha partida inicial de 1.250.000 euros para proxectos que non superen os 12.000 euros, e cunha porcentaxe de subvención do 70% do custe total do proxecto, ata un máximo de 5.000 euros por solicitude.
Os beneficiarios serán as empresas, negocios e actividades con local de atención directa ao público que tiveron un parón mínimo de 15 días durante o estado de alarma.
Están incluídos negocios como cafeterías, restaurantes, comercios declarados non esenciais, salóns de peitado, librerías, reparación de roupa e calzado ou actividades artísticas e creativas, que estean rexentadas por autónomos ou empresas de cinco ou menos traballadores.
Relacionadas:
-
O PP pide "refacer" as axudas a autónomos e microempresas para que sexan "eficaces"
Por Alejandro Espiño |
-
Autónomos e empresas poderán solicitar un anticipo do 75% das axudas municipais
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns modera as críticas do seu concelleiro Goyo Revenga ás axudas do Concello ao comercio pontevedrés
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra concederá axudas económicas a autónomos e 'micropemes'
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |