VÍDEO.- Cerponzóns celebra o Corpus con tres campaneiros e unha alfombra floral
Por Redacción
Tres campaneiros de Cerponzóns acompañaron este domingo a solemnidade do Corpus Christi con toques e repeniques propios deste día.
As circunstancias obrigaron a que este ano se reducisen os tapices florales, que se levan realizando desde hai 39 anos consecutivos, a unha soa alfombra floral, que se creou diante da igrexa parroquial de Cerponzóns.
Con esta actividade buscaron a preservación e valoración do toque de campás manual e apoiar unha idea de unidade cultural múltiple baseada nun patrimonio cultural diverso: inmoble, co campanario, moble; coas campás; e inmaterial, coa súa preservación mediante o toque manual por campaneros que interpreten as súas diferentes linguaxes sonoras.