Un camión emborca a súa carga nunha rotonda de Meis
Por Redacción
Arredor das 13:30 horas, un camión que transportaba estruturas de gran tamaño envorcaba parte da carga cando circulaba pola rotonda situada no concello de Meis en dirección a Portas na estrada entre Vilagarcía e Pontevedra, segundo informaba o servizo de Emerxencias do 112.
Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil de Meis e unha dotación da Garda Civil de Tráfico, que colaboraron en despexar a calzada e evitar que se producise algunha incidencia.
Non se rexistraron feridos a pesar de que, a esa hora, circulaban numerosos vehículos nesa zona.