O coronavirus non pode co mediático sorteo dun Satisfyer en Raxó: farase este domingo por Facebook
Por Redacción
A pandemia do coronavirus levou á Comisión de Festas de Raxó a tomar a difícil decisión de aprazar definitivamente ata o ano que vén as festas de San Gregorio que xa tiveran que adiar o pasado mes de marzo. Finalmente, non haberá festexos na parroquia ata 2021, pero si que se manterá esta fin de semana o mediático sorteo dun Satisfyer que, cando se anunciou, despertou grande interese dentro e fóra de Poio
Así, Sara Magariños, da Comisión de Festas de Raxó, anunciou que ven "xusto" celebrar o sorteo que tanta repercusión tivo. A metodoloxía elixida será a través dun vídeo en Directo dende o Facebook oficial da Comisión de Festas este domingo 21 de xuño.
As persoas que queiran seguir o sorteo só terán que conectarse no perfil oficial de Facebook a partir das doce e medio do mediodía. Ademais do famoso succionador de clítoris, sortearán o tradicional cordeiro.
En canto ás festas, tomaron a "triste decisión" de cancelar a edición de 2020 por motivo da crise sanitaria da Covid-19, pero xa confirman que a edición de 2021 está garantida para os días 13 e o 14 de marzo.
A comisión anuncia tamén que o San Gregorio 2021 terá o mesmo programa xa contratado para o pasado mes de marzo e suspendido pola pandemia e que se fará cos fondos xa recadados para este 2020. Desta maneira, non se realizará ningunha nova petición veciñal para o próximo ano.
Relacionadas:
-
Marbella e Rever amenizarán en marzo a festa de San Gregorio de Raxó
Por Redacción |
-
Recta final da programación alternativa das Festas de San Xoán
Por Redacción |
-
A comisión de festas de Raxó apraza as festas de San Gregorio e o sorteo do satisfyer
Por Oskar Viéitez |
-
San Gregorio réndese ao furor do 'satisfyer'
Por Alejandro Espiño |