Agride á súa veciña tras ser denunciada por roubar na súa horta
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio investiga a unha muller de 51 anos polos presuntos delitos de furto e lesións. Esta muller agrediu á súa veciña tras ser denunciada por roubar nunha horta.
Segundo informaron fontes oficiais da xefatura da Policía Local, a primeira denuncia por estes feitos remóntase ao día 3 de abril cando se produciu un furto de legumes, hortalizas e plantas nunha leira na parroquia de San Xoán de Poio, a propietaria presentou denuncia na Policía Local.
Posteriormente, o día 8 de xuño, volve producirse outro furto de produtos na mesma leira, presentando a propietaria unha nova denuncia.
Esta vez os axentes municipais lograron identificar á presunta autora dos dous furtos e tamén localiza os produtos de autoconsumo e as plantas presuntamente subtraídas.
Os produtos ascenden a un valor aproximado de 200 euros, tratándose de pementos de diferentes variedades, sandías, melones, tomates, leitugas, amorodos e plantas ornamentais; siemprevivas, bulbos, astromelia e lilium.
Ademais, o día da identificación deuse conta ao xulgado do irmán da presunta autora, por ameazas graves aos axentes da autoridade.
A historia non acaba aquí, xa que, a presunta ladroa foi a por a denunciante e agrediuna na mesma leira golpeándoa cun teléfono na cabeza.
As dilixencias foron entregadas pola Policía no xulgado de garda.