As festas de Pontevedra ofrecerán máis de 300 actividades para "volver a vivir a cidade"
Pontevedra quere ofrecer unha fórmula para os cidadáns poidan gozar do verán nos espazos públicos da cidade e, ao mesmo tempo, apoiar ao sector cultural. Por iso é polo que o Concello reprogramara todas as súas festas de verán e, adaptándoas á situación sanitaria, ofrecerá máis de 300 actividades festivas durante os meses de xullo e agosto.
A edil de Festas, Carme da Silva, explicou que a pandemia da COVID-19 obrigou a "repensar" toda a programación de verán e o "concepto" das actividades, partindo da base de que a seguridade dos asistentes debía ser un "factor fundamental".
A través do programa "Pontevedra Vívese", que este ano substituirá ás Festas de Verán, o Concello pretende que os cidadáns "volvan a vivir a cidade nos espazos públicos", algo que segundo Da Silva "caracteriza" á Boa Vila.
Será a través de trece escenarios repartidos polo centro da cidade e os principais barrios. Neles iranse programando actividades que, en principio, serán en espazos acoutados, con todo o público sentado e cunha distancia de 1,5 metros entre cada asistente.
A partir da romaría de San Bieito, que tamén será reformulada, Pontevedra poñerá en marcha ata 18 ciclos diferentes de actividades, dos cales a gran maioría foron creados para a ocasión e o resto son adaptacións de propostas de anos anteriores.
Así, por exemplo, manteranse axustándose á "nova normalidade" eventos como a Festa do Demo, o Memorial Ricardo Portela, o ciclo de maxia, a iniciativa popular Aquí Cántase, o ciclo Cinema na Lúa, ou o festival de jazz -reconvertido en Noites de Jazz con artistas galegos-.
O festival Itineranta, pola súa banda, reconvértese en A rebulir, unha proposta de animación na rúa con compañías galegas que, para evitar aglomeracións en puntos concretos, apostará por percorridos máis longos e continuos, sen realizar paradas, por toda a cidade.
Entre as novidades debulladas por Carme da Silva están, entre outras, propostas como Ven trebellar, que ofrecerá unha ampla programación infantil nos principais parques da cidade; Son de aquí, ciclo protagonizado por bandas de rock e pop da cidade; ou Barullada Rock, que permitirá que as pistas deportivas de Campolongo acollan varios concertos.
Virar coa gaita, que ofrecerá actuacións de música tradicional; Música nova, que apostará por bandas galegas de diversas disciplinas; Con voz de muller, ciclo no que participarán artistas femininas "con voz propia"; ou Artes vivas, que fusionará diferentes propostas escénicas como o teatro, a danza ou a poesía, formarán parte tamén desta ampla programación.
O palco de música da Alameda acollerá o ciclo Clásicas na rúa, que ofrecerá concertos de música clásica; mentres que Monte Porreiro será a sede de Urban Pontevedra, unha proposta de arte urbana "que nos gusta moito", segundo Da Silva, e que incluirá entre outras disciplinas exhibicións de grafitis ou concertos de música urbana.
A oferta festiva do verán pontevedrés completarase con Vai de música, no que músicos de diferentes bandas fusionarán as súas propostas artísticas; e Xeiras das artes, que tamén ofrecerá diferentes espectáculos de artes escénicas.
Todas estas actividades, segundo explicou a responsable de Festas, serán "máis intensas" durante a semana grande da Peregrina na que, ademais, haberá o tradicional pregón.
A programación completarase, xa en setembro, coa Feira Franca sobre a que, nestes momentos, o Concello está a traballar para "reprogramala". Sen desvelar detalle algún, Carme da Silva explicou que se están analizando "diferentes vías" para poder celebrala con certa normalidade e que non se perda o "enorme" retorno económico que produce.
Relacionadas:
-
Pontevedra toma a decisión "moi dolorosa" de suspender todo o relacionado coa Feira Franca
Por Natalia Puga |
-
A poboación infantil, protagonista das festas da Peregrina día tras día
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Noite para aterrorizarse na Pedreira con 'Psicose', un clásico imprescindible de Alfred Hitchcock
Por Anxo Lourido |
-
Pepe Solla, pregoeiro da Peregrina polo seu prestixio profesional e o seu labor solidario durante a pandemia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Os espectáculos de animación de 'A rebulir!' toman as rúas de Pontevedra a partir do luns
Por Redacción |
-
As Noites de jazz xa están aquí
Por Oskar Viéitez |
-
Música tradicional, Blues, Jazz ou Flamenco, entre as propostas de 'Música Nova' para esta semana
Por Redacción |
-
"Pontevedra vívese" estrea 'Artes Vivas', que combina literatura e distintas expresións artísticas
Por Redacción |
-
Pasarrúas, artesanía e o Memorial Ricardo Portela inauguran as Festas de Verán
Por Redacción |
-
Un verán cheo de música, arte e espectáculo, que "serven para combater o medo, a tristeza e a melancolía"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
San Bieito, festivo local, celébrase este sábado sen comida popular nin orquestras
Por Redacción |
-
O FLOP Cinema comeza o luns 29 na Pedreira con cinco propostas fílmicas para amosar o universo LGTBIQ+
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Teatro Principal reanuda a súa actividade coa proxección do Doc do mes 'Cachada'
Por Redacción |
-
Pontevedra quere que a Xunta aclare como se poden retomar as verbenas e festas populares
Por Oskar Viéitez |
-
Así serán as festas na cidade: "sen aglomeracións e con actuacións simultáneas"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra espallará as súas festas de verán polos barrios e apostará polos artistas galegos
Por Alejandro Espiño |
-
O espazo público da cidade de Pontevedra xogará un papel fundamental na recuperación da actividade cultural
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |