O Casino Mercantil celebrará este verán o seu campamento multideporte
Por Redacción
O Casino Mercantil de Pontevedra mantén durante este verán o Campamento Multideporte, que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e de agosto.
Esta iniciativa leva a cabo nas instalacións do parque de verán situadas en Cons, na parroquia de Mourente, de luns a venres con horarios comprendidos entre as 08.30 e as 14.30 horas.
Poñeranse en marcha vinte actividades entre as que destacan o tenis, voleibol, béisbol, orientación, roteiros pola natureza, tiro con arco ou natación na piscina. Todas estas propostas están destinadas a escolares que nacesen entre o ano 2004 e o 2014.
Desde a organización indican que os grupos serán especialmente reducidos para respectar todas as medidas de seguridade sanitaria establecidas pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.