Un home queda atrapado baixo o tractor en Sanxenxo e un condutor resulta ferido nun accidente en Cambados
Por Redacción
Membros de Emerxencias de Sanxenxo tiveron que rescatar na tarde deste luns 12 a un home que quedara atrapado baixo o tractor que manipulaba despois de envorcar o vehículo no lugar de Aios en Sanxenxo. Segundo informaba o servizo de Emerxencias do 112, a persoa quedou cunha perna atrapada baixo a máquina e ata o lugar desprazáronse efectivos do equipo de Emerxencias Sanxenxo, a Garda Civil e os Bombeiros do Salnés. Unha ambulancia medicalizada do 061 trasladou a persoa a un centro hospitalario con heridas, segundo as primeiras exploracións, de carácter leve.
COLISIÿN EN CAMBADOS
En Tragove (Cambados) producíase un accidente entre un turismo e unha furgoneta. Unha persoa resultaba ferida tras colisionar frontalmente ambos os dous vehículos. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local de Cambados. A persoa que conducía o turismo sufriu lesións debido ao impacto e foi trasladada a un centro hospitalario para a súa observación.