A área sanitaria mantense nos 7 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño
Oitava xornada sen que se contabilicen novos test de coronavirus positivos en Pontevedra e O Salnés.
Así se reflicte no balance ofrecido este xoves 18 de xuño pola Concellería de Sanidade, e que mantén a cifra de casos activos na área sanitaria nos 7, do mesmo xeito que o día anterior.
Segundo eses datos, nas últimas horas non se rexistraron altas epidemiolóxicas, polo que a cifra de curados mantense nas 892. Pola súa banda os falecementos asociados ao Covid-19 segue sendo de 16 desde hai semanas.
Todos os casos que se manteñen activos na área sanitaria evolucionan nos seus domicilios.
Pola súa banda a nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 343, dous máis que o mércores. Deles 109 son da área da Coruña, 18 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 337 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na comunidade hai un total de 10.506 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 162.562 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,02% do total das persoas residentes. En toda Galicia hai 5 usuarios e 4 profesionais de centros residenciais contaxiados e rexistráronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
Relacionadas:
-
A área sanitaria rompe con máis dunha semana sen novos contaxios e suma dous positivos por coronavirus nun día
Por Natalia Puga |
-
Os casos activos de Covid-19 baixan a 7 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria estáncase nos 8 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Quinto día sen rexistrar contaxios de Covid-19 na área sanitaria, onde permanecen activos 8 casos
Por Diego Espiño |
-
Terceira xornada consecutiva con 8 casos activos e sen novos contaxiados de Covid-19 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Balance diario Covid-19: Sen altas nin novos contaxios e con 8 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |