Adicam transforma a súa gala solidaria nun festival dixital
Por Redacción
A Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (Adicam) organizará este xoves o concerto Sonorama Adicam 2.0 que poderá seguirse en directo, a partir das 22 horas, a través da páxina de Facebook do colectivo.
Membros da asociación presentaron esta mañá un evento que xorde despois da imposibilidade de realizar a tradicional gala solidaria que ían organizar en Cangas no mes de maio. Como a crise sanitaria obrigou a cancelalo, Adicam deu un xiro ao evento e decidiu facelo a través das redes sociais.
En Sonorama 2.0 actuarán artistas como Carlota Marcelino, A Petite, Mario Rivergood, Carlos Mayobre, Thais Suki, David Chiquillo e Jogones. Durante as actuacións, todos os espectadores terán á vista as diferentes vías de colaboración con Adicam, que a pesar da pandemia, continúa ofrecendo servizos como psicoloxía, traballo social, fisioterapia, dietética, nutrición, asesoramento legal, estética ou barbería de forma gratuíta.
Relacionadas:
-
RADIO.- Olga Sotelo: "A prevención e investigación en cancro seguen adiante, pero aínda hai moito por investigar"
Por Marisa Ciordia |
-
'Saca o peito por elas', campaña da AECC no mes do cancro de mama
Por Redacción |
-
A Asociación de Cancro de Mama estrea sede en Pontevedra: a Casa Azul
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |